martes, 15 de outubro de 2013

Penadauga

na parroquia de Escuadro, concello de Silleda, a un paso
aquí a tedes
exposta á choiva e coa auga empozada no cimo e figurando unha cachola que escorre pola testa
a pedra de Santa Isabel que remedia verrugas e peles 
que mira polos que de certo cren
a tradición manda que, logo de refregar os cadrís contra o granito da parte inferior e darlle unha voltiñas ao penedo, hai que subir os chanzos (mellor os pasos vellos e perigosos cá escaleira con varanda que a devoción instalou) e lavar a faciana coa auga (xa sería coincidencia) falmaguenta
saecula saeculorum
amén