mércores, 7 de xaneiro de 2015

martes, 15 de outubro de 2013

Penadauga

na parroquia de Escuadro, concello de Silleda, a un paso
aquí a tedes
exposta á choiva e coa auga empozada no cimo e figurando unha cachola que escorre pola testa
a pedra de Santa Isabel que remedia verrugas e peles 
que mira polos que de certo cren
a tradición manda que, logo de refregar os cadrís contra o granito da parte inferior e darlle unha voltiñas ao penedo, hai que subir os chanzos (mellor os pasos vellos e perigosos cá escaleira con varanda que a devoción instalou) e lavar a faciana coa auga (xa sería coincidencia) falmaguenta
saecula saeculorum
amén

domingo, 13 de outubro de 2013

aquí

intentaremos ver e falar desas pequenas cousas que sempre están a tecer no fío do tempo e nos levan... 

desas pequenas cousas nas que pousa caladiñamente a poeira dos días e, aínda así, seguen a observarnos sen saber sequera onde irá dar o camiño... 

da fraxilidade do segundo que esgotou o seu tempo e, séndoo todo como seguramente o foi algunha vez, 
axiña deu en nada






























por exemplo dunha casa con patio onde picotea unha galiña
nela xa só habitan as sombras que moraron
o recordo que esmorece
e a tristeza